mércores, 28 de febreiro de 2024

Salón do libro

Do 1 ao 17 de marzo no Pazo da Cultura de Pontevedra, abre as súas portas este venres con actividades para todos os públicos e mesmo un concurso de debuxo de Orbil, a mascota do Salón

HORARIO
De luns a venres:
De 17.00 a 20.00 h
Os sábados e domingos:
De 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 h

Hai actividades de balde e outras de pago. 

Cada martes ás 17 00 h activarase a reserva de entradas da semana seguinte.

Será do seguinte xeito:

  • O martes 20 de febreiro de 2024 activarase a reserva de entradas que vai ata o martes 5 de marzo.
  • O martes 5 de marzo de 2024 activarase a reserva de entradas que vai ata o 12 de marzo.
  • O martes 12 de marzo de 2024 activarase a reserva de entradas ata o último día de Salón.

Se non tes claro que día te achegarás ao Salón, non te preocupes! As actividades terán prazas dispoñibles que poderás reservar o propio día do evento. Achégate 5 ou 10 minutos antes do comezo ao espazo onde se celebre e pregunta ao noso monitorado.

As actividades con inscrición por correo-e (os roteiros) celebraranse fóra do espazo do Salón. Cómpre inscribirse nos enderezos electrónicos facilitados neste programa.

Debe facerse reserva no web do Salón en https://www.salondolibro.gal/programa-eventos/

Programa: https://www.salondolibro.gal/Programa-O-SALON.pdf

mércores, 21 de febreiro de 2024

Troca de libros (Feria do libro usado)

                                                                                                                

 

O vindeiro 10 de marzo vaise celebrar a Feira de Libros Usados.   O obxetivo desta é proporcionar aos membros da comunidade educativa - alumando,profesorado, familias, persoal docente - a oprtunidade de intercambiar aqueles libros que, por distintos motivos, xa non son utilizados polos seus donos.

 

Todas as persoas que queiran participar deberan entregar no ANPA os libros que desexe nas datas que se detallan a continuación, e por cada libro entregado, recibirase un vale que será trocado por outro libro o día da fería.   

 

Podense aportar libros de literatura infantil e xuvenil.  A única condición es que estean no mellor estado posible para que quen o reciba poida aproveitalo

 

Os libros entregásense no local do Anpa desde o día 26 de Febreiro ao 7 de Marzo incluído no seguinte horario:

  • Luns de 16 a 16:30h.
  • Martes de 9 a 9:15h e 16:15 a 17:15h
  • Miercoles de 17:30 a 18:30h
  • Xoves de 9 a 9:15h e 17:30 a 18:30h

 

Se non pode neste horario pode poñerse en contacto connosco a traves do mail anpa.froebel@gmail.com





mércores, 14 de febreiro de 2024

Coeducación

Dende a anpa puidemos escoitar as necesidades específicas en materia de coeducación e as inquedanzas e preocupación sobre o uso das tic, os videoxogos e o papel das nenas, o acceso a pornografía..etc por isto queremos propoñervos que visualicedes estes contidos:

  • “ni mala ni vuestras” www.youtube.com/watch?v=W8fwVYMSIqQ. Un diálogo sobre a linguaxe na música, que tipo de mensaxe nos quere enviar, o que escoitan as nosas fillos e fillas.
  • Relacionado coa violencia dixital. https://youtu.be/ub9rWnmiq_g
  • Coa sexualidade e a orientación sexual  ”VESTIDO NUEVO” DE Sergi Pérez.https://youtu.be/4yRPLx6eZfc
  • Algúns libros relacionados que atopamos na escola galega de sexualidade. https://www.pinterest.es/escolademeu/sexualidade/

domingo, 11 de febreiro de 2024

🦜FESTA DE ENTROIDO🦜

Que ben o pasamos na festa de entroido. Tivemos unha merenda riquísima grazas a @xeve.artesán, polo biscoito tan delicioso e @carrefoures por doar eses batidos e croissant de manteiga que estaban boísimos. Parabéns aos gañadores do concurso de disfraces!!







sábado, 10 de febreiro de 2024

LECER EN FAMILIA 2️⃣0️⃣2️⃣4️⃣

É un programa de lecer e tempo libre dirixido ás familias do Concello de Pontevedra. O obxectivo é favorecer a participación familiar, compartindo xuntos experiencias e diversión. Os menores deben ir acompañados por un adulto. Máximo 5 persoas por familia.



https://www.nontedurmas.org/actividades/lecer-en-familia-conta-comigo-2024/?fbclid=IwAR27FhhwXOHt7Ay6oJB5gy4uTrq-sJeH6JTcxCz7R1w_kIQLWv0fwxHfM-4